10/4/08

AXENDA CULTURAL


BIBLIOTECA MUNICIPAL DO PORRIÑO
actividades — animación á lectura Lúa ConLuvas
Horario: tódolos xoves de 18,30 a 19,30 horas De balde, non fai falla anotación previa.

O proxecto de “Lúa Conluvas”, iniciado no 2005 con grande éxito, é un proxecto de animación á lectura destiñado a nenos de entre 6 e 12 anos, que se entende como unha proposta didáctica e divertida ó mesmo tempo. Con ela persíguese como obxectivo primordial espertar a imaxinación e a fantasía dos nenos, para descubrir a lectura coma pracer de ler contos, historias e fábulas, e, como finalidade, a importancia da multiculturalidade. “Lúa Conluvas”, exploradora e viaxeira incansábel, leva sempre consigo unha maleta que a acompaña nas súas viaxes, e onde garda os recordos de cada país visitado para contarlle os nenos e nenas a forma de vivir e sentir doutros pobos do mundo. Cada semana volve cunha nova historia dun novo país, xunto cun conto do mesmo e unha froita típica representativa da súa gastronomía coa que merenda cos rapaces e rapazas.

No hay comentarios: