24/4/08

GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA.

1. Organización dos fondos.

- Os libros están distribuidos por ciclos, correspondéndolle a cada un un moble independente do seguinte xeito:
Libros en castelán:
MOBLE A-------------------------3º Ciclo
MOBLE B-------------------------2º Ciclo.
MOBLE C-------------------------1º Ciclo.
MOBLE D-------------------------Ed. Infantil.
Libros en galego:
MOBLE E-------------------------1º Ciclo e Ed. Infantil.
MOBLE F-------------------------2º Ciclo.
MOBLE G-------------------------3º Ciclo.
Libros de divulgación en galego e castelán: MOBLE H.
Moble de banda deseñada.
Moble de enciclopedias, dicionarios, atlas e consulta xeral para alumnado e profesorado.

- Todos os libros están identificados cunha sinatura que indica o moble no que está situado, o andel e mais o número de orde.
(A-5-8: Moble A, andel 5, 8º libro).


2.-Uso da biblioteca escolar.

- Cada curso terá asignada unha hora na que baixarán co seu titor/a e na que se fará o préstamo e devolucións, así coma o uso de ordenador, se o precisaran.
- As horas non asignadas poderanse utilizar para actividades relacionadas coa biblioteca.


3.-Normas xerais.

- Na biblioteca deberase estar en silencio.
- Non se permitirá o acceso á mesma con ningún tipo de comida nin bebida.
- O uso dos libros será sempre coidadoso e sen quitarlle ningunha pegatina, poñendo en coñecemento do docente encargado/a calquera estrago detectado.
- Os libros usados haberá que deixalos no mesmo sitio.
- O ordenador pode utilizarse para consultar enciclopedias, diccionarios, CD ROM, para buscar información en Internet…

4.-Préstamo.

- Os préstamos quedarán rexistrados no libro correspondente indicando signatura, título, alumno/a e as datas de entrega e recollida.
- O prazo máximo de préstamo será de 15 días. Poderá prorrogarse se o libro non ten moita demanda.
- O retraso na devolución dun libro será posto en coñecemento do prestatario/a a fin de que corrixa de inmediato a situación.
- Cada lector/a é responsable dos libros que toma en préstamo, e en caso de deterioralo ou perdelo terá que repoñelo ou ben aboar o importe actualizado do mesmo.
- As enciclopedias, dicionarios, atlas e libros de consulta non son prestables, xa que deben estar ao servizo de todo os usuarios.
- Biblioteca de aula.O profesor titor pode retirar mensualmente ou trimestralmente un lote de libros para formar a súa biblioteca de aula e poder ler na clase.Este lote de libros terá que quedar rexistrado no libro de préstamos.
- Para unha boa organización, 15 días antes de rematar o curso, cada profesor entregará ao encargado/a da biblioteca todos os volúmes que teña na súa biblioteca de aula.
- Durante o mes de xuño non se fará préstamo para poder facer o inventario.


5.-Participación.

O alumnado e profesorado pode participar na xestión da biblioteca escolar de diversos xeitos:

- A través do “Caixón de suxerencias” poden facer propostas.
-“O meu libro favorito”, é unha estantería na que o alumnado coloca os libros que despois de lelos recomendaría aos seus compañeiros.
- O alumnado de segundo e terceiro ciclo de Primaria poderá voluntariamente colaborar coas tarefas da biblioteca durante os recreos. Existirá un horario para distribuir a axuda.

No hay comentarios: