24/4/08

S.O.S NAIS E PAIS

BIBLIOTECA MUNICIPAL DO PORRIÑO
Centro de interese "SOS nais e pais: guía de lectura para educadores"
descarga o tríptico informativo
Educar aos fillos e fillas é un compromiso moi grande, dado que pretendemos que crezan sans e felices. Sen embargo, non é esta tarefa doada, e moitas veces nais e pais atopan problemas no desenvolvemento educativo ou mesmo físico dos menores que chegan a desbordalos. Dende esta guía non ofrecemos solucións máxicas, senón un conxunto de lecturas, presente na nosa biblioteca, que poden servir de complemento e axuda nos momentos de desorientación nos que se pode caer cando un se atopa na transcendente e marabillosa situación de educar a un fillo ou filla.
A guía de lectura remítese a centros escolares e educativos, públicos e privados, garderías, APA´s e asociacións. O centro de interese está disposto á entrada da Sala Infantil e Xuvenil da biblioteca, e está composto por libros que tratan os seguintes temas:
Adopción, autoestima, bebés, consumismo, control de esfínteres, xénero, divorcio, morte, sexualidade, drogas, alcohol, escola, medos, mentiras, xemelgos, lecturas curativas, nenos hiperactivos, obediencia e disciplina, pelexas e agresividade, relacións entre irmáns e amigos, sono, televisión e ordenadores, educando en valores, creatividade e estimulación, trastornos alimentarios, anorexia e bulimia. http://www.centroculturalporrino.com/BIBLIOTECA/ACTIVIDADES/CENTRO_INTERESE/SOS_PAISENAIS/caraB.pdf>">

No hay comentarios: