7/5/08

LETRAS GALEGAS 2008: XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

Defensor da lingua e a cultura galegas, membro da Real Academia e fundador de editoriais, Xosé María Álvarez Blázquez foi non só un creador de literatura galega senón que tamén creou canles para que outros escritores e escritoras puidesen publicar a súa obra.
Os seus libros máis coñecidos son, cecais, «A pega rabilonga e outras historias de tesouros» en prosa


e «Roseira do teu mencer» , un libro de poesía dedicado á súa filla pequena María Luísa, á que familiarmente se refería como "Colorín" por ser "coloradota como unha mazá".
Os poemas deste libro inclúen cantigas de berce como esta, musicada polo mestre José Luís Loureiro Durán:



Durme neniña, durme, meu ben;
túa nai ten sono, teu pai tamén.
Non penses máis no cabalo

que andaba a fuxir do dono;
¡mira eses cen cabaliños
que acarrexan o teu sono!





No hay comentarios: