12/6/08

BIBLIOPLAZA NO PORRIÑO



Tódolos xoves e venres de maio e xuño de 2008, entre as 17,00 e 20,00 horas, a biblioteca instalará unha bibliopraza na Praza do Concello da nosa localidade. Cun mobiliario composto por cadeiras, mesas, parasoles, etc. a biblioteca creará un espazo axeitado nas rúas peonís, saíndo dos seus muros e sacando os seus libros á rúa para que os porriñeses gozen da climatoloxía que anuncia o inicio do verán sen que por iso teñan que deixar de aproveitar os servizos da biblioteca. A selección de obras que se trasladarán á bibliopraza estará composta por literatura (narrativa, poesía e teatro), ensaio e obras infantís, incluíndo unha boa selección de cómics.