4/11/11

MAGOSTO



Recibe este nome a festa que se organiza no mes de novembro, especialmente o día Todos os Santos ou de San Martín para asar e posteriormente comer as castañas.
Antigamente era frecuente acompañar os magostos con viño novo. Normalmente as mozas achegaban as castañas e os mozos o viño. Tamén se comía pan de trigo e outros alimentos da época.
Terminaba o magosto con xogos e bailes. O xogo máis común era o de tiznarse a cara uns a outros.
Os magostos están vinculados ao día de defuntos porque existía a crenza de que por cada castaña comida liberábase unha alma do purgatorio.
Os zonchos eran colares ou rosarios de castañas cocidas coa monda e atravesadas cun fío, esta é un costume que hoxe en día aínda se mantén.
Na escola imos celebrar o magosto o vindeiro venres día 11, será un día cheo de xogos e sobre todo castañas, esperamos pasalo moi ben.

No hay comentarios: