30/1/12

A Bibliotecaria de Basora


Alia Muhammad Baker é a bibliotecaria de Basora. Durante 14 anos a súa biblioteca foi un lugar de encontro para todos aqueles que aman os libros. Ata que empezou a invasiónde Iraq. Esta é unha historia real acerca da loita da bibliotecaria por salvar o valioso fondo da biblioteca e que nos recorda a todos que, no mundo enteiro, o amor pola literatura e o respecto polo coñecemento non coñecen fronteiras. "As bibliotecas e os libros son un lazo á vida e a amizade aínda en tempos difíciles".

No hay comentarios: