23/4/12

23 DE ABRIL, UN DÍA ESPECIAL


Na escola hoxe foi un día especial no que todos e todas, cada un a súa maneira, celebramos o "Día Internacional do Libro".
Os máis pequenos visitamos a biblioteca e descubrimos porque catro pitiños veñen cada día a visitala, despóis cada un fixo un con plastilina. Que divertida é a familia Leo, pronto seremos grandes amigos!
Os nenos de 4 e 5 anos descubrimos por que celebramos o día do libro e escoitamos o conto de "Breogán na aventura dos muíños".
Os nenos de 1º e 2º fixemos uns preciosos marcapáxinas para intercambiar.
Os nenos de descubrimos, xunto as profes, Miriam e Lorena, cómo eran as bibliotecas na Idade Media, como eran os libros ao longo da historia, as partes do libro, etc.
En fixemos a inauguración da nosa biblioteca de aula, para ter un recanto ao que acudir cada día a descubrir a maxia dos libros.
E para todo o colexio os nenos de 5º e 6º fixemos un programa de radio no que contamos as orixes desta celebración, limos a aventura dos muíños de Don Quixote e limos algúns poemas de distintos escritores famosos como Miguel de Unamuno, Garcilaso de la Vega, Becquer, Rosalía de Castro, etc.
Foi un día redondo que todavía non rematou, aínda quedan moitas actividades ao redor dos libros e escritores por facer durante este mes e parte do que ven.

No hay comentarios: