24/4/12

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA DE 4º B


Ola a todos a todas ,
Hoxé é 23 de abril, “Día internacinal do libro”.
O 23 de abril é un día simbólico para a literatura mundial, xa que neste día e no ano
1616 faleceron personalidades como Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega.
A celebración deste día foi unha decisión espontánea tomada na Conferencia Xeral da
UNESCO que se celebrou en París en 1995, para rendir unha homenaxe universal aos
libros e autores.
Por iso, os nenos e nenas de cuarto curso unímonos para inaugurar un novo espazo para
os nosos libros, A BIBLIOTECA DE 4º B.
Cando abrimos unha biblioteca nova, abrimos unha fiestra á nosa imaxinación.
Poderemos ser cabaleiros, pintores, astronautas, labregos, dragóns, peixes ou
sapoconchos... todo o que a nosa mente queira e desexemos ser.
Soldados, loitemos dende as almeas da nosa biblioteca contra os dragóns da ignorancia
e a intolerancia coa mellores armas, OS LIBROS !!!
Os libros son o alimento necesario para seguir soñando... todo está nos libros e o que
non está podemos imaxinalo cun libro.
Hoxe abrimos esta biblioteca, so queda que a coidemos e a utilicemos con cariño.
video

No hay comentarios: