24/10/12

LENDA DA CABAZA


Fai moito tempo, nun pequeno pobo irlandés había un monxe chamado Jack. Jack, segundo algunhas lendas, era un tipo alto e delgado, que lle gustaba gastar bromas e facer maldades. Pero era un home astuto, e tanto o cría el, que ata fixo un pacto co demo. O pacto, contan, consistía en que o demo non o deixaría ir ao inferno se Jack facía o mal na terra. E así foi. Pero Jack era mortal, e como a todos os mortais chegoulle a súa hora. No ceo non o deixaron entrar, non podían deixar entrar a un ser tan malo, e claro no inferno o diaño cumpriu o seu parte e non lle deixou pasar, pero deu a Jack unha lanterna, unha peculiar lanterna en compensación por todo o mal causado. Esta lanterna consistía nun nabo oco cun carbón que sería incandescente por sempre. E desde entón cóntase que Jack (coñecido por Jack of the Lantern, Jack da lanterna) deambula polo mundo coa súa lanterna en busca dun lugar onde descansar.
Existe outra variante da lenda na que Jack fixo unha broma ao diaño; fíxolle rubir por unha árbore seca e quedou encerrado no seu tronco. A cambio da súa liberdade, o diaño teríalle que deixar de tentar coa bebida. E claro, como fora unha persoa que fixera malas accións, e como o diaño en vinganza pola broma non lle deixou entrar, quedou por "aí", vagando eternamente coa súa lanterna.
A lanterna era a base de nabo, entón... de onde vén a cabaza? Cando chegaron os primeiros colonos ingleses e irlandeses, tiñan a tradición do nabo, pero se atoparon coa cabaza. Esta ofrecía mellores características que o nabo: en primeiro lugar é máis grande que un nabo e pódese introducir unha vela, dando máis luz; en segundo lugar proporciona máis alimento; e en terceiro lugar é máis vistosa.
Existe tamén a lenda que se recorta a cabaza en forma de monstro e acéndese unha vela dentro para que Jack, Jack o da Lanterna, non se achegue a esa casa, empuñando a súa eterna luz para ver nas tebras...

No hay comentarios: