29/2/12

Carteis benvida a Abraham Carreiro

Os alumnos de 5º B fixeron uns debuxos sobre o libro XOELIKI, que leeron na clase, no que participou como autor e ilustrador Abraham Carreiro.


14/2/12

SAN VALENTÍN: REGALA AMOR REGALANDO LIBROS



Os libros dannos as palabras para porlle nome ao que non sabemos definir, ou palabras para o que non nos atrevemos a dicir ou para recoñecernos en cada unha delas. As ilustracións dan corpo a esas palabras ocultas que aparecen luminosas ao ler o libro. Este libro é unha declaración de amor ou de amizade para regalar a alguén que necesite as nosas palabras.


Como en moitos contos clásicos, temos noticia dun rei que a pesar de telo todo, até un magnífico xardín con espléndidos tulipanes, fáltalle o amor. E para buscalo viaxa día e noite até regresar á súa casa onde atopa á súa princesa vivindo nun tulipán.

No bosque pode ocorrer o inesperado. Un raposo rouba unha galiña e a partir de aí os amigos da suposta vítima perseguirán até a extenu
ación ao ladrón e ao seu botín: un coello,
un oso e un galo chegarán por fin até a súa gorida onde unha sorpresa agárdalles.


A través dun relato cheo de tenrura, coñecemos como os sentimentos amorosos desta familia dispáranse durante os últimos días do curso escolar. Cada un vivirá á súa maneira as relacións, pero o que resulta destacable é a verdade coa que se expresan os personaxes e o xogo literario que consiste en mostrar e ocultar para que o lector teña que imaxinar e pór en xogo as súas emocións.
Ben namórase perdidamente de Anna, unha nena polaca que chega nova á escola. É pobre e o seu pai está no paro, pero Ben enseguida co
mproba que con Anna pódense compartir moitas cousas: unha cabana abandonada, un baño no río, unha comida familiar nun remolque.
O pequeno elefante xa está preparado para iniciar a súa propia vida fose do acubillo paterno: empezou a ver bolboretas. Uns comprensivos pais convidan o seu fillo a iniciar unha viaxe persoal, seguindo ás bolboretas.

5/2/12

ABRAHAM CARREIRO




Xa está confirmado, o vindeiro venres 2 de marzo, o ilustrador Abraham Carreiro visitara a nosa biblioteca.
Os nenos e nenas de 5º e 6º están desexando coñecelo e saber cando vai sair ao mercado a próxima aventura de Xoeliqui, xa que a primeira encantoulles a todos. Se queredes saber máis cousas sobre Abraham podedes visitar o seu blog no seguinte enlace.