14/3/12

POESÍA 3º CICLO


A dama e o cabaleiro...
querían mercar un sombreiro
e foron ao costureiro.

Quería mercar un sombreiro
e foron ao costureiro,
coas moedas do moedeiro,
pero non atoparon ao costureiro.

Cando desfloranse as flores da primavera
o amor e a morte chamarán a túa porta

POESÍA 2º CICLO


No castelo de O Porriño...
hai un dragón xeitosiño
sempre xoga ao balón
pois é moi xoguetón.

Gústalle voar polo ceo
pasar por enriba do concello
botar lume pola boca
e deitarse sobre unha roca.

Encántalle a cor verde
mais non lle gustan os vermes
gustalle comer polo asado
pois para el é moi doado.

Ten unha irmá moi puapiña
que leva unhas gafas marronciñas
ademáis sabe coniñar moi ben
e o seu nome é Isabel.

POESÍA 1º CICLO


Hai no colexio un bufón
que nos alegrá o corazón.

Con saltos e piruetas
facendo ruidos, poñendo caretas.

Vestido de moitas cores
conta historias de trobadores.

MARZO, MES DA POESÍA


Para celebrar o mes da poesía queremos que toda a comunidade educativa poida colaborar e, entre todos, facer varias poesías relacionadas coa Idade Media.
No centro podedes atopar varias poesías empezadas que podedes continuar vos, pero para que as familias tamén poidan axudar, deixamos as poesía escritas no blog e cada día iremos actualizándoas coas vosas aportacións a través dos comentarios.

ÁNIMO POETAS

9/3/12

Abraham Carreiro no CEIP Antonio Palacios

O día 2 de marzo estivo no noso centro o coautor e deseñador gráfico do libro Xoeliki. Estivonos contando como foi todo o proceso dende que xurdiu a idea de escribir o libro ata que saiu o mercado. O remate da charla estivo firmandolle autógrafos ós nen@.