23/11/12

O SEGREDO DE FLORA

Flora ten un segredo fantástico, e é que aprendeu unhas palabras máxicas que a axudan a non sentir enfados nin ganas de pegar: 
“1,2,3 o enfado polas mans. 
1, 2, 3 o enfado polos pés. 
1,2,3,o enfado xa se vai. 
1,2,3 o enfado xa o botei” 
Neste conto ensinámoslles aos máis pequenos que a violencia é intolerable en todas as súas manifestacións.

14/11/12

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Hola a todos e todas, estamos a recibir un montón de novidades na  biblioteca e os invitamos a coñecelas. Podedes atopalas na sección de novidades e despois nos  seus andeis correspondentes buscade as estrelas amarelas.
Estas son algunhas das nosas novidades:

2/11/12

A HISTORIA DA CASTAÑA

Cando, como, porque... chegou a castaña a Galicia son algunnhas das cousas que podes aprender en esta publicación.

O MAGOSTO E AS CASTAÑAS

Chega novembro e con el o magosto aquí tendes unha pequena presentación sobre o magosto e a castaña.



MANIFESTO DO SAMAÍN

Fora sustos, fora medos.
O que algún medo teña agora lle vai na queima.
Neste samaín que estamos a celebrar os medos imos recitar.
Teño medo ás bruxas
cando saen as moi piruxas.
Teño medo das pantasmas
cando saen das súas camas.
Teño medo aos morcegos cando van polo ceo.
Teño medo das arañas
sobre todo cando fan as súas teas de araña.
Teño medo da escuridade
sobre todo cando estou en soidade.

(Ana Muñiz Ramilo 4º A , gañadora do concurso os teus medos en verso)

FORA BRUXAS,
FORA TRASNOS,
FORA ESQUELETES,
FORA SUSPENSOS,
FORA VAMPIROS,
FORA DEMOS.
Con este Samaín celebrado,
os nosos medos quedan queimados
e xa non hai nenos nnin nenas asustados.