19/11/13

25 NOVIEMBRE-RECURSOS EDUCATIVOS

Apróxímase o 25 de novembro e queremos deixar aquí algúns enlaces para que todos e todas poidades traballar o tema da violencia de xénero co voso alumnado. Esperamos que sexan útiles.





VOZ DAS AMIGAS

Un ano mais os nenos e nenas da escola imos participar na cadea humana que organizan todos os centros educativos de Torneiros para conmemorar o 25 de novembro. Este ano ademais de facer a cadea cantaremos xuntos...





“VOZ DAS AMIGAS”
A miña voz, compañeiras,
non naceu para afastar.
Se non fose por vosoutras,
como ía camiñar?
Miña irmá, miña irmá, miña amiga,
tan igual a min e tan distinta,
dáme a man e faremos cordada,
ven comigo, miña camarada,
dáme a man e faremos cordada,
ven comigo, miña camarada.
A miña voz, compañeiras,
tráioa para partillar.
Se non fose por vosoutras,
como ía camiñar?
Miña irmá, miña irmá, miña amiga,
tan igual a min e tan distinta,
dáme a man e farémonos grandes,
temos xuntas a forza dos mares.
Dáme a man e farémonos grandes,
temos xuntas a forza dos mares.
A voz das miñas amigas
Dame folgos pra avanzar.
Se non fose por vosoutras,
como ía camiñar?
Miña irmá, miña irmá, miña amiga,
tan igual a min e tan distinta,
todas xuntas non temos fronteira,
ven comigo, miña compañeira.
Todas xuntas non temos fronteira,
ven comigo, miña compañeira.
Miña irmá, miña irmá, miña amiga,
tan igual a min e tan distinta,
dáme a man e faremos cordada,
ven comigo, miña camarada,
todas xuntas non temos fronteira,
ven comigo, miña compañeira.
Letra: Yolanda Castaño. Música: Tradicional (As Neves)


16/11/13

ARTURO Y CLEMENTINA

Adela Turín escribiiu en 1976 este conto que, tristemente segue de actualidade e co que podemos traballar co noso alumnado a prevención da Violencia de Xénero e conmemorar na escola  o 25 de Novembro.
Para esto podemos utilizar o vídeo do conto relatado e adaptado por Beatriz Montero.



13/11/13

MAGOSTO NA COCIÑA


O outono é época de magosto e castañas aquí deixamos algunhas receitas que teñen como base as castañas, animádevos a facelas seguro que están boísimas.


MAGOSTO DE CINE

Estamos en outono e é tempo de magosto polo que na escola celebraremos o noso o vindeiro venres, 15 de novembro. 
Para que todos e todas esteamos  preparados o profe Pablo preparou unha pequena lista de enlaces á que podedes acceder tanto mestres como nenos e nenas e familias para saber máis cousas sobre esta festa típica da nosa comunidade.
Froitos do outono Actividades

WEBQUEST

WEBQUEST "O MAGOSTO" Elaborada por Contidos Educativos con PHPWebquest
WEBQUEST "O MAGOSTO" C.E.I.P. O Pombal (Vigo)

Webquest 3º ciclo

ACTIVIDADES
Actividade JavaClic " O Magosto" Félix Pimentel Tubío (C.E.P. Pilar Maestú Sierra da Pobra do Caramiñal) Dolores Iglesias Iglesias (C.E.P. Cespón de Boiro)
Actividade LIM "O Outono" Belén do E.E.I. Tarrio-Samieira (Poio)
Actividade JavaClic "El Otoño" C.R.A. Vía de la Plata
Actividade Hotpotatoes "El Otoño" Monserrat Sariego Muñíz C.E.E. Santullano (Mieres)


PARA PROFES 
A Castaña Unidade didáctica elaborada polo I.E.S. Monte Carrasco (Cangas)
A Castaña Unidade didáctica elaborada polo C.E.I.P. de Ponzos  (Ferrol)
Magosto Unidade didáctica do Colexio Santa Vedruna (Vigo)

SAMAÍN DE CINE

Un ano máis pasou o SAMAÍN  e, como sempre, fixo unha parada na nosa escola. Este ano ademais de concurso de cabazas, moitas delas "DE CINE", fixemos un CICLO DE CINE DE MEDO. Cada ciclo elexiu unha película que todos os nenos e nenas disfrutaron o 30 de outubro.



11/11/13

O MAGOSTO ACTIVIDADES LIM

Para que non deixes de aprender causas sobre o outono e o magosto aquí deixamos varios enlaces a distintas actividades LIM, non deixes  de visitalos. 

31/10/13

XA ESTAMOS NA BIBLIOTECA



Durante este mes todos os nenos e nnenas da escola pasaron pola biblioteca. Aquí recibiron a primeira sesión de formación de usuarios deste curso e ademais coñeceron as novas da biblioteca.
Cada grupo levou para clase o cartel coas normas da biblioteca e un cartel para colgar na porta durante a hora de ler xa que este curso queremos que todo o noso alumnado sexa consciente da necesidade de crear un clima adecuado para a lectura.
Todos e todas levaron tamén o seu carné da biblioteca, imprescindible para facer os préstamos. Pero, sen dúbida o que mais gustou a todos foi levar para clase a mochila viaxeira que pasará unha semana na casa de cada un, na biblioteca esperamos entusiasmados a volta dos cadernos de viaxe.
Foron uns fantásticos días e esperamos que sexan o inicio dun curso cheo de lecturas e, por suposto, cine...

29/4/13

LETRAS GALEGAS 2013

Xa estamos a piques de chegar ao més das letras e na páxina "Letras Galegas" do noso blog podedes atopar un montón de recursos para saber máis cousas sobre Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado este ano, e sobre o "Día das Letras Galegas". 
Na biblioteca tamén podedes atopar moitos libros relacionados con esta celebración.

LIBROS QUE ALIMENTAN

A piques de rematar a campaña especial "Libros por leite" e vendo a boa acollida que tivo entre o alumnado e as familias, deixaremos un andel na entrada da biblioteca para que sempre que queirades poidades cambiar un libro por aceite (2 libros por litro), lentellas (un libro por kg) ou leite (1 libro por litro) que faremos chegar a Cáritas da parroquia de San Rosendo de Torneiros.

"Porque os libros tamén alimentan... 
seguimos contando con vos"

22/4/13

LIBROS SOLIDARIOS

Este ano para celebrar o Día do Libro na escola organizamos unha feira do libro solidaria.
"LIBROS POR LEITE" 
A biblioteca aporta gran cantidade de libros e todos os membros da comunidade educativa poden doar os libros que queiran. Durante a semana do 22 ao 26 haberá un posto de cambio no que todos  (nenos, nenas, familias, mestres,...) podemos mercar libros, cada libro ou lote custa un litro leite que será doada a Cáritas da parroquia de San Rosendo de Torneiros que atende a moitas familias da zona.

ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN

16/4/13

CONTO VIAXEIRO

Como xa sabedes todos, este ano, no colexio, estamos a traballar o tema da auga. Unha das actividades que estamos a levar a cabo é un conto viaxeiro que foi pasando de clase en clase. Ese conto xa está rematado e só nos faltan as ilustracións.
Contamos con vos para que nos axudedes a completalo para iso convocamos un concurso de debuxo. Cada ciclo se encargará de debuxar un tipo de personaxe:
- 1º ciclo: os animais (a formiga, o crocodilo e a mosca)
-2º ciclo: os seres fantásticos (o mago Ibis e o malvado Robaugas)
-3º ciclo: ás persoas (Kévek, RamiK e Pedro)
Todos os que queirades podedes participar facendo un debuxo dalgunha das personaxes que lle correspoden ao voso ciclo, pola parte de atrás do debuxo escribides o vosos nome e curso no que estamos.
Cos debuxos que resulten elexidos ilustraremos o conto que publicaremos moi pronto.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!!
NA BIBLIOTECA ESPERAMOS OS VOSOS DEBUXOS

25/3/13

DÍA DO TEATRO

O día Mundial do Teatro creouse en 1961 por iniciativa do Instituto Internacional do Teatro (ITI). Organízanse distintos eventos de teatro nacional e internacional para resaltar esta ocasión.Un dos actos máis representativos é a circulación da Mensaxe Internacional, tradicionalmente escrito por unha personalidade de recoñecido prestixio no mundo do teatro.
Se queredes saber máis cousas sobre este arte podedes visitar os seguintes enlaces.







.

Non esquecades visitar a sección de teatro da biblioteca  na que poderedes atopar un montón de libros de teatro para todos vos.

23/3/13

XOGOS DE AUGA


Se queres xogar e aprender cuosas sobre a auga aquí deixamos dos xogos interactivos que seguro que os gustan. Disfrutádeos.

JUEGO
JUEGO

DÍA MUNDIAL DA AUGA

Como non podía ser de outro xeito este ano organizamos na escola distintas actividades relacionadas coa celebración do Día Mundial da Auga xa que ese é o noso tema centra do curso,este ano este día estivo adicado á Cooperación na Esfera da Auga. 
Se queredes saber máis cousas sobre este día e por que se celebra podedes consultar os seguintes enlaces.




21/3/13

INFORMACIÓN SOBRE NIXER

Agora que imos facer a carreira "Gotas para Níxer" queremos que teñades algunha  información sobre este país ao que vai chegar a nosa axuda gracias a UNICEF.

Níxer, oficialmente a República de Níxer é un país do África occidental. Limita ao sur con Nixeria e Benín, ao oeste con Burkina Faso e Malí, ao norte con Alxeria e Libia e ao leste co Chad. O seu capital é Niamey e o seu gentilicio nigerino (a diferenza dos nixerianos, habitantes de Nixeria).


   






11/3/13

"GOTAS PARA NÍGER"

"Gotas para Níxer" é unha campaña de mobilización escolar en apoio  ao programa de supervivencia infantil que UNICEF desenvolve en Níxer. Os seus principais obxectivos son:

  • Promover o acceso a auga potable e a un saneamento adecuado do 60% da poboación. 
  • Erradicar a poliomielitis e eliminar o tétanos materno e neonatal. 
  • Elevar até un 40% o número de partos atendidos por persoal cualificado. 
  • Reducir o índice de desnutrición crónica infantil por baixo do 25%.
 "Gotas para Níger"  enmárcase dentro do do programa de Educación para o Desenvolvemento Enrédate con UNICEF. 

"NÓS PARTICIPAMOS"

5/3/13

5 MINUTOS PARA PENSAR



MULLERES E AUGA



Preto de 3 millóns de persoas carecen de acceso  auga potable en todo o mundo. É un problema que afecta especialmente ás mulleres e ás nenas. Elas deixan antes de ir á escola para encargarse da auga, a hixiene e a alimentación da familia.

A procura de auga exponas ademais a perigos para a súa saúde (transporte de cargas pesadas desde unha idade temperá) e de seguridade (violación ou roubo no camiño para recoller a auga). Unha auga a miúdo insalubre, inaccesible e cun custo exorbitante en comparación cos ingresos familiares.

Aquí podedes ler máis cousas sobre este tema.