2/12/14

CDU DA NOSA BIBLIOTECA

A CDU é o sistema de clasificación de documentos seguido pola nosa Biblioteca e a maioría das Bibliotecas do mundo. Aquí deixamos unha pequena guía da nosa CDU para que vos resulte a todos máis sinxelos atopar os documentos na nosa biblioteca.

26/11/14

25 DE NOVEMBRO



Un ano máis os nenos e nenas do noso cole participamos na cadea humana formada esta mañá polo alumnado de todos os centros educativos de Torneiros (CPI Ribeira, CEIP Plurilingüe Antonio Palacios, Aceesca, IES Ribeira do Louro e Centro de Día de Mayores).

Este acto completouse coa lectura de poemas por parte do alumnado do IES Ribeira do Louro, e dunha serie de micropoemas creados polos nenos e nenas da clase de 6º B do noso cole.

Aquí podedes ver como todos estes rapaces empezan a descubrir a importancia da muller e a rexeitar de xeito contundente a violencia de xénero.





24/11/14

SEMANA EUROPEA DA ROBÓTICA

Esta semana celébrase a Semana Europea da Robótica. Durante a mesma preténdese que descubramos a crecente importancia da robótica nunha gran variedade de áreas de aplicación. 
Os nenos e nenas de 6º B coas súa mestra, Miran Campos, están a traballar sobre este tema e hoxe amosaron aos nenos e nenas de 2º a importancia da robótica na nosa vida, os tipos de robots que atopamos a diario e unha chea de cousas interesantes que deixaron aos máis pequenos abraiados. 
Se queredes saber máis cousas sobre robots podedes pasar pola biblioteca onde atoparedes distintos libros sobre o tema. Ademais deixamos aquí un enlace para que descubrades o que os nenos e nenas de 6º B están a facer na súa clase. 
         


Mañá durante o recreo podes vir á biblioteca a debuxar un robot. Con todos os vosos debuxos faremos unha exposición e veremos xuntos "Cambio de pilas"


21/11/14

EL VECINO LEE UN LIBRO





El vecino lee un libro
Koen Van Biesen
Editorial Tramuntana


O veciño lee pero a súa pequena veciña fai tal estruendo que é imposible concentrarse. Terá que ser quen de atopar unha estratexia para que a nena comprenda que para gozar da lectura é precisa tranquilidade e silencio.
Esta foi a lectura escollida polos nenos e nenas de 1º de primaria para celebrar o Día das Bibliotecas escolares. Unha divertida excusa para recordar os usos da biblioteca escolar, as súas normas e, estrear carnets!
Pero non o esquezas, SSSSST, silencio
             ESTAMOS A LER



19/11/14

20 DE NOVEMBRO, DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO NENO



Os dereitos do neno son un conxunto de normas de dereito internacional que protexen ás persoas até determinada idade. Todos e cada un dos dereitos da infancia son inalienables e irrenunciables, polo que ningunha persoa pode vulneralos ou descoñecelos baixo ningunha circunstancia.
Varios documentos consagran os dereitos da infancia no ámbito internacional, entre eles a Declaración dos Dereitos do Neno e a Convención sobre os Dereitos do Neno

Aquí deixamos algúns enlaces para que todos e todas coñezamos cales son eses dereitos.







12/5/14

10 CONSELLOS PARA SER UN BO LECTOR OU LECTORA


Outro enlace xenial que atopamos no portal do Ministerio de Educación Leer.es no que podes descubrir 10 cousas para convertirte nun bo lector ou nunha boa lectora.



PARA SER UN BUEN LECTOR ¿QUÉ PUEDES HACER?

5/5/14

CONTACONTOS NO 1º CICLO

A editorial Vicens Vives nos enviou un marabilloso contacontos que encantou a grandes e pequenos coas súas historias.
Un contacontos que anima a ler e que nos permitiu saber por que os coellos teñen as orellas longas, as patas curtas e o rabo como unha boliña.







23/1/14

NELSON MANDELA


O 5 de decembro o mundo sufriu a perda dunha persona importantísoma para todos e todas, Nelson Mandela, un home que viviu por e para a paz no mundo.
Dende aquí  queremos rendirlle unha homenaxe xa que o vindeiro 30 de xaneiro celebraremos o "Dia Escolar da no Violencia e a Paz".
Para que todos e todas podades aprender moitas cousas sobre el deixamos aquí un montón de enlaces que recompilaron os profes Benito e Mirian. Grazas por compartir.



Como este ano o tema que estamos a traballar na escola no noso proxecto documental integrado é o cine aquí deixamos a sinopse das catro películas sobre a vida de Nelson Mandela, personaxe importantísimo que nos deixou o mes pasado e ao que queremos rendirlle unha merecida homenaxe neste día.



Mandela and De Klerk´ (1997)

Unha película feita para a televisión que narra a historia dos dous presidentes máis importantes de Sudáfrica: Nelson Mandela e F.W. De Klerk; interpretados por Sidney Poitier e Michael Caine, respectivamente. Ambos os actores foron nomeados aos Premios Emmy nas categorías de Mellor Actor  e Mellor Actor Secundario.






Adeus Bafana (2007)

Unha película baseada nun feito da vida real. Conta a relación que estableceu o líder surafricano Nelson Mandela cun garda branco, James Gregory, cando ´Madiba´ estivo preso por 18 anos.

Invictus (2009)

Dirixida por Clint Eastwood, a película conta os sucesos que aconteceron durante a Copa Mundial de Rugby de 1995 en Sudáfrica. Os actores Morgan Freeman e Matt Damon interpretan, respectivamente, ao presidente surafricano Nelson Mandela e ao capitán dos Springboks, Francois Pienaar.



Mandela: Long walk to freedom (2013)
´Mandela: Long walk to freedom´, a película biográfica dirixida por Justin Chadwick está baseada no libro ´Long Walk to Freedom´ publicado en 1994 polo ex presidente Nelson Mandela.


20/1/14

DÍA ESCOLAR DA NO VIOLENCIA E A DA PAZ


Desde 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993.

Nesta data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.

A lema deste día é:

'amor universal, non-violencia e paz. O amor universal é mellor que o egoísmo, a non-violencia é mellor que a violencia e a paz é mellor que a guerra'.

Este ano imos celebralo na escola e a nosa banda sonora vai ser a canción de Avicci "HEY BROTHER"
pany

15/1/14

COLECCIÓN FAMILIAS LECTORAS





Estupenda publicación dixital multimedia composta de dez cadernos cuias autoras e autores percorren a lectura dende diferentes formatos e diversos puntos de vista.
Con esta colección a Consellería de Educación da Xunta de Andalucía quere ofrecer á comunidade educativa algunhas ferramentas que faciliten a cooperación entre as familias e a escola na tarefa común de desenvolver o hábito lector, e, por tanto, mellorar a competencia en comunicación lingüística dos nosos nenos e nenas.
No seguinte enlace podedes acceder aos 10 cadernos da colección así como a outros enlaces de interes que poden axudar a acercar a nenos e nenas á lectura.


PARTES DE UN LECTOR