26/11/14

25 DE NOVEMBRO



Un ano máis os nenos e nenas do noso cole participamos na cadea humana formada esta mañá polo alumnado de todos os centros educativos de Torneiros (CPI Ribeira, CEIP Plurilingüe Antonio Palacios, Aceesca, IES Ribeira do Louro e Centro de Día de Mayores).

Este acto completouse coa lectura de poemas por parte do alumnado do IES Ribeira do Louro, e dunha serie de micropoemas creados polos nenos e nenas da clase de 6º B do noso cole.

Aquí podedes ver como todos estes rapaces empezan a descubrir a importancia da muller e a rexeitar de xeito contundente a violencia de xénero.





24/11/14

SEMANA EUROPEA DA ROBÓTICA

Esta semana celébrase a Semana Europea da Robótica. Durante a mesma preténdese que descubramos a crecente importancia da robótica nunha gran variedade de áreas de aplicación. 
Os nenos e nenas de 6º B coas súa mestra, Miran Campos, están a traballar sobre este tema e hoxe amosaron aos nenos e nenas de 2º a importancia da robótica na nosa vida, os tipos de robots que atopamos a diario e unha chea de cousas interesantes que deixaron aos máis pequenos abraiados. 
Se queredes saber máis cousas sobre robots podedes pasar pola biblioteca onde atoparedes distintos libros sobre o tema. Ademais deixamos aquí un enlace para que descubrades o que os nenos e nenas de 6º B están a facer na súa clase. 
         


Mañá durante o recreo podes vir á biblioteca a debuxar un robot. Con todos os vosos debuxos faremos unha exposición e veremos xuntos "Cambio de pilas"


21/11/14

EL VECINO LEE UN LIBRO





El vecino lee un libro
Koen Van Biesen
Editorial Tramuntana


O veciño lee pero a súa pequena veciña fai tal estruendo que é imposible concentrarse. Terá que ser quen de atopar unha estratexia para que a nena comprenda que para gozar da lectura é precisa tranquilidade e silencio.
Esta foi a lectura escollida polos nenos e nenas de 1º de primaria para celebrar o Día das Bibliotecas escolares. Unha divertida excusa para recordar os usos da biblioteca escolar, as súas normas e, estrear carnets!
Pero non o esquezas, SSSSST, silencio
             ESTAMOS A LER



19/11/14

20 DE NOVEMBRO, DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO NENO



Os dereitos do neno son un conxunto de normas de dereito internacional que protexen ás persoas até determinada idade. Todos e cada un dos dereitos da infancia son inalienables e irrenunciables, polo que ningunha persoa pode vulneralos ou descoñecelos baixo ningunha circunstancia.
Varios documentos consagran os dereitos da infancia no ámbito internacional, entre eles a Declaración dos Dereitos do Neno e a Convención sobre os Dereitos do Neno

Aquí deixamos algúns enlaces para que todos e todas coñezamos cales son eses dereitos.