CONTO VIAXEIRO

Había unha vez un país moi lonxano que tiña moi poucos habitantes. Era unha paisaxe moi rara, sobre todo para nós, os nenos e nenas de Galicia. Que, que tiña de raro? Pois veredes: non tiña árbores, non había prantas nin flores, non había casas nin por suposto edificios, non había centros comerciais, nin beirarrúas, nin comercios, descoñecían que existía a electricidade e ignoraban por completo o mundo da informática...
Como podedes ver era moi raro. Había moi poucos habitantes e éstes non tiñan casas posto que eran nómadas, andaban de lugar en lugar. Non tiñan construccións fortes porque non vivían nun sitio sempre, e tanto a flora como a fauna era moi escasa por un único motivo: NON TIÑAN AUGA.
Kévek era unha nena de 8 anos que todas as noites soñaba, pero non con xoguetes senón con ter auga, con poder bañarse, beber cando quixera, con poder ter unha horta e regar as súas plantas, con poder darlle de beber aos animais que tiña o seu pai,...
Ela sabía pola visita de algúns turistas que noutras terras a auga abundaba e preguntábase como podería facer para conseguir traer a auga ao seu poboado...
6º A e B

Un día apareceu un crocodilo que tiña moita sede. O crocodilño era moi bo e fíxose amigo de Kévek. Os dous marcharon en busca de auga e camiñaron e camiñaron pero a auga non aparecía. 
Entonces tiveron unha idea: decidiron escavar na terra e atoparon auga. Puxéronse moi contentos e chamaron a todos os habitantes do lugar.
Fixeron unha reunión e acordaron que como atoparan auga podían quedarse a vivir alí, cultivarían a terra e poderían criar animais.
Pero cando foron probar a auga decatáronse de que estaba sucia...
5 anos A e B


Quedaron tristes e impactados polo que acababan de descubrir. O barullo que se formou ía diminuíndo para poder escoitar unha voz feble que se escoitaba dende o fondo. Todos ían dándose a volta e, ao final de todo, apareceu unha figura diminuta dun neno tímido, delgado e baixiño. Cando todas as voces se apagaron, escoitouse “TAMÉN PODE HABER AUGA LIMPA NALGURES”. Tapou a boca e saíu correndo para esconderse e que ninguén o atopara.
Kévek, reaccionou rápido e dirixiuse xunto a él e estiveron falando un bo rato ata que o neno deixou ver a súa cara (que a tiña metida entre as súas mans) e explicoulle que tiñan que ir a buscar esa auga como fose.
Cando volveron xunto aos demais, a tristeza tornarase en ledicia xa que o rapaz espertará en eles a esperanza de que nalgún lugar podían atopar auga.
Kévek, Ramik (o neno tímido) e o crocodilo encamiñáronse nunha perigosa e fantástica aventura na procura da auga.
Polo camiño, o crocodilo escoitou unha voz moi aguda e avisou aos dous nenos, a voz escoitábase con moita nitidez, pero non divisaban a ninguén. De súpeto escoitouse: “Mirade para abaixo, que me vades a pisar”. Era unha formiga moi peculiar xa que o seu corpo non tiña a cor característica senón, máis ben, estaba tostada pola calor e era moi grande para súa especie.
- Que facedes por aquí?, comentou a formiga. 
Tomou a palabra Kevek para indicarlle o motivo da súa presenza naquel lugar. A formiga quedou sorprendida de que houbera máis especies buscando o mesmo e comentoulles que a auga estaba retida por un malvado que vivía a miles de Km dese lugar.
Xunto coa  formiga Catalina seguiron camiñando e, de súpeto, viron a un home correndo que se dirixía ata eles. O medo paralizounos e empezaron a tremer ata que se deron conta de que caeu redondo cando pasaba ao seu carón e que dun dos seus petos caeu unha botella que tiña un líquido...
5º A e B

azul, espeso e moi frío.
Kévek, que era moi valiente, acercouse ao home e colleu a botella. De sócato o home levantouse e intentou collela de novo pero o crocodilo abriu a boca e o asustou. O home entón desmaiouse. Ramik, Kévek, Catalina e o crocodilo o rodearon, cando escordou e abriu os ollos preguntou onde estaba e onde estaba a súa botella. Os nenos dixéronlle que a tiñan eles e lle preguntaron quen era, de onde viña e por que corría.
2º A

O home, que se chamaba Pedro, contóulles que viña de Italia escapando do malvado Robaugas, que vivía nun palacio de escuma e que tiña gardada toda a auga do mundo.
Kévek preguntoulle que contiña a botella, e el díxolle que lla roubou ao malvado Robaugas e que era unha pócema máxica para...
2º B

contaminar a auga e quedarse el só con toda a auga limpa e fresca do mundo.
Os nenos lle preguntaron por que tiña unha pócema para contaminar a auga se el non quería facer iso e el díxolles que quería agochala nun lugar seguro para que o malvado Robaugas non a atopara.
O crocodilo dixo que coñecía un lugar nas montañas onde agochar a botella pero tiñan que ter moito coidado para non contaminar a neve que é auga conxelada.
3º A

Os nenos, o crocodilo, Catalina e Pedro chegaron ás montañas e subiron ao cumio da máis alta, alí atoparon unha cova e baixo unha pedra agocharon a botella.
Ao sair e, mentras buscaban o camiño de volta, Pedro contoulles que cando o atoparon ía á illa Fonsica  a pedir axuda  ao  poderoso mago Ibis que vivía  nunha torre pero que para poder entrar deberían resolver un enigma
1º A

Todos xuntos se encamiñaron á illa  e cando chegaron descubriron  que tiñan que resolver os seguintes enigmas:
-Acadar o resultado da seguinte operación: 33+20-33+44-5.
-Dicir o nome de sete animais ovíparos.
- Adiviñar o nome do autor de "20.000 leguas de viaxe submarino".
-Resolver a seguinte adiviña: Xira, xira e xira e nunca volve á súa casa.
A formiga á quen lle gustaban moito as Matemáticas  enseguida dixo o resultado da operación 59.
O crocodilo dixo o nome de sete animais ovíparos coma el: o peixe, a tartaruga, o avestruz, a bolboreta, o pinguim, o moucho e a serpe.
Kevek, a nena, sabía que Xulio Verne foi o autor de "20.000 leguas de viaxe submarino".
Ramik dixo  que o muíño de vento era a resposta á adiviña.
A porta da torre do mago Ibis se abriu despois de contestar o enigma e...   
1º B

todos comezaron a camiñar por un longo e escuro corredor. Ao final do mesmo, viron ao unhas escaleiras. Subíronas e alí atoparon ao mago Ibis que estaba preparando unhas pócemas nunha gran habitación chea de libros e de frasquiños de cores. O mago mostrouse moi sorprendido de ver que alguén resolvera os seus enigmas así que os felicitou.
Kévek dirixiuse ao mago para pedirlle axuda. Ibis sacou unha bola máxica moi brillante e e a través dela puideron ver o que estaba a facer Robaugas. Estaba a facer das súas, roubar auga, así que non tiñan tempo que perder. O mago colleu o seu bastón, debuxou unha porta no aire e deu tres golpes nela. Apareceu un portal máxico que os transportaría ao castelo do malvado Robaugas. Antes de  que marcharan Ibis díxolles:
-Sede precavidos, Pois Robaugas debe estar a buscar a súa pócema roubada.
Todo o grupo cruzou o portal máxico e...
4º A

O malvado Robaugas xa estaba esperando por eles, xa que sabía a súa chegada. Kévek, que collera unha barita máxica na torre do mago Ibis dixo en alto:-Ramazaful!, e Robaugas converteuse nunha mosca: esta saiu voando e cunha voz moi aguda berrou: -Vengareime, isto non vai quedar así!
Kévek, Catalina a formiga, Ramik, Pedro, o crocodilo e o mago Ibis dirixíronse a unha presa que retiña toda a auga que fora roubada polo malvado Robaugas. Kévek abriu as comportas e toda a auga limpa foi percorrendo os ríos, os mares, os  lagos,... Ata que chegou a todos aqueles que non tiñan auga.
3º B

Empezaron a medrar nos lugares árbores e prantas e todos  puideron beber auga limpa, potable.
Todas as persoas do pobo fixeron unha gran festa para celebrar o acontecemento.
E todos aprenderon así que a auga era o seu ben máis preciado e decidiron ensinar   aos seus fillos que a auga hai que coidala e non desperdiciala.
4º B