PDI

PROXECTOS 
DOCUMENTAIS 
INTEGRADOS

Os proxectos documentais integrados son pequenos traballos de investigación nos que o alumnado traballa directamente coa información (en todos os soportes: libros, cd, formato dixital,etc.) aprendendo a aprender e a traballar autónomamente.
Son investigacións nas quenenos e nenas, ademais de investigar sobre un tema concreto, familiarízanse cos mecanismos de búsqueda de información e traballo intelectual empregando os recursos documentais da biblioteca escolar.
Algún dos aspectos máis relevantes do traballo por proxectos son a significatividade da aprendizaxe e o traballo colaborativo.
Dende a biblioteca escolar e, tendo en conta a opinión de todo o profesorado, cada ano decidimos unha temática sobre a que xirarán todas as actividades do centro e que servirá para a elaboración conxunta dun proxecto documental integrado para o que cada aula fai unha aportación adaptada aos seus intereses.
Durante o curso 2011-2012 a temática foi a Idade Media, no curso 2012-2013 foi a auga e este curso, 2013-2014, o tema do noso proxecto será o cine.
Esta páxina do noso blog pretende recoller as actividades que imos facendo nas distintas aulas ao redor do proxecto así como recursos de interese tanto para o alumnado como para o profesorado e as familias.






 
2014-2015

Achégase o entroido e este ano na escola decidimos disfrazarnos dos 5 pobos que participan na festa que organiza o concello durante o verán, "PORRIGALIA". Ao elexir este disfraz oproveitaremos para coñecer máis e mellor como era a vida, os costumes, a roupa, o arte, etc dos distintos pobos. 
Así, para facilitarvos a búsqueda de información,  na biblioteca podedes atopar un montón de información en libros e películas pero a través do blog deixamos algúns enlaces que poden resultar útiles para facer os vosos traballos.






EXIPTO
Un ano máis na escola decidimos traballar todos xuntos un tema, así en cada aula estamos a descubrir distintas cousas sobre a luz xa a Asamblea Xeral das Nacións Unidas proclamou na súa LXVIII sesión o ano 2015 como  Ano Internacional da Luz e das Tecnoloxías Basadas na Luz.

Mediante a devandita decisión a ONU recoñece a importancia que a Luz e as Tecnoloxías baseadas na Luz teñen na vida dos cidadáns do mundo, no desenvolvemento da sociedade e nos retos aos que se enfronta a Humanidade. A luz xoga un papel fundamental na nosa vida cotiá. Revolucionou, entre outros aspectos, o medicamento ou a maneira de fabricar produtos e posibilitou o desenvolvemento de Internet.

Durante séculos, a luz e as súas aplicacións constituíron un elemento de unión que transcende todas as fronteiras, non só as xeográficas senón tamén as de natureza cultural, de xénero ou idade. A luz constitúe, así mesmo, un tema enormemente atractivo á hora de motivar diferentes aspectos educacionales. Neste sentido, o aumento da conciencia mundial sobre a difusión e ensino da ciencia, en particular a relativa á luz e as súas tecnoloxías, é esencial para abordar retos como o desenvolvemento sustentable e a mellora da calidade de vida debido ao seu impacto directo en áreas como a enerxía, a agricultura, a saúde ou a educación.

Os obxectivos do Ano Internacional da Luz e das Tecnoloxías baseadas na Luz son:
  •  Mellorar a comprensión pública de como a luz e as súas tecnoloxías relacionadas afectan á vida cotiá e son esenciais para o futuro desenvolvemento da Humanidade.
  • Desenvolver a capacidade educativa mediante actividades orientadas á difusión da cultura científica entre os mozos en todo o mundo.
  • Aumentar a cooperación internacional.
  • Difundir os descubrimentos dos séculos XIX e XX que demostraron a importancia fundamental da luz na ciencia e o desenvolvemento científico.
  • Destacar a importancia da investigación e fomentar vocacións científicas no ámbito da luz e as súas aplicacións.
  • Promover a importancia da tecnoloxía de iluminación no desenvolvemento sustentable e na mellora da calidade de vida nos países en vías de desenvolvemento.
  • Dar a coñecer a profunda relación que existe entre a luz, a arte e a cultura, así como fortalecer o papel das tecnoloxías ópticas na preservación do patrimonio cultural.
  • Conseguir que os logros e obxectivos anteriores perduren no tempo máis aló de 2015. 

Ademais, na biblioteca podedes atopar unha selección de libros para todas as idades nos que podedes investigar e seguir descubrindo cousas sobre este tema tan interesante.


 
DEIXA QUE OS LIBROS TE ILUMINEN


2013-2014
UNHA BIBLIOTECA DE CINE
Este ano o proxecto da biblioteca ten como tema central o cine, xa temos moitas ideas e xa empezamos a traballar.
Este ano o Samaín foi...de cine!! Se queres velo clica sobre a seguinte imaxe.



http://www.magisto.com/album/video/f3l4W14OAlhxNjAPYnZLA3g


Os nenos e nenas do terceiro ciclo están a traballar a película de... 


Todos e todas están entusiasmados porque Fernando Cortizo, o seu director, visitou o noso centro para contarnos como se fixo a película e moitas cousas máis.
No seguinte enlace podedes atopar unha mostra dos traballos que están a facer nas clases de 5º e 6º, visitade o sitio de cando en vez porque seguro iredes atopando novidades.


RECURSOS PARA TRABALLAR O CINE NAS AULAS

2012-2013  
A IDADE MEDIA
Dende esta páxina do blog da biblioteca queremos proporcionar recursos tanto  a nenos e nenas como a todo o profesurado e as familias para que o achegamento a esta época da historia sexa moito máis sinxela e lúdica.
Na propia biblioteca podedes atopar libros, CDROM, DVD, etc relacionados coa Idade Media que poderedes consultar sempre que sexa preciso.
O equipo da biblioteca esperamos que todos estos recursos sexan útiles e interesantes a toda a comunidade educativa.