MOCHILAS VIAXEIRAS

MOCHILAS VIAXEIRAS
Despois dun primeiro curso de proba no que circularon catro mochilas nas clases de 5 anos este curso comezaron a súa andaina un total de 13 mochilas viaxeiras. Cada unha cun contido especial adaptado a todos os niveis (dende 3 anos ata 6º de primaria).
Esperamos ansiosos a súa volta á escola para saber que vos pareceron, que foi o que máis vos gustou, tamén o que menos vos gustou, que opinaron as vosas familias, etc. Todo esto debedes reflectilo (escribir, debuxar, pegar fotografías...) no "caderno de viaxe" que inclúe cada mochila. 


Cadernos de infantil, 1º e 2º.


Caderno 3º, 4º, 5º e 6º.

As follas do caderno que máis nos gusten de cada caderno recibirán un agasallo ao final de curso pero non esquezades que...

O MELLOR AGASALLO É A LECTURA

Añadir leyenda

No hay comentarios: