20/11/22

DEREITOS DA INFANCIA

 Os dereitos da infancia son oeixo sobre o que debe baserase a intervención educativa. Nenas. e nenos deben facerse conscientes da súa importancia e das desgualdades que se producen no mundo actual.

Coñecer os seus dereitos tamén os achega ás suas obrigas entre as que están facilitar a vida de aquelas persoas que teñen impedimentos para desenvolverse na sociedade actual.

Novamente a biblioteca aporta os recursos pero son as nenas e nenas as que, coa súa investigación, descubres esos dereitos e como actuar para poder facer que todas as nenas e nenos do mundo accedan a eles.

Así, os maiores fixeron un mural nos que se recollen todos os dereitos da infancia e os pequenos do cole, centráronse no dereito á saúde coñecendo a realidade dos nenos e nenas que sofren retinobastoma, puxéronse na súa pel e fixeron un mural reivindicando todos os seus dereitos.



 

 

 

 



19/11/22

OUTONO CREATIVO

 Os pequenos e pequenas do cole descubren o outono de xeito creativo. Saidas ao entorno que nos permiten coñecelo e respectalo. Creación artística, imaxinación ao poder. Así aprendemos mellor.





NUNCA MÁIS

 Coñecer a contorna e as accións que a poñen en perigo é imprescindible para que as nosas alumnas e alumnos se  convirtan en cicdadán responsables e activos no coidado do noso medio.

O aniversario da catástrofe do Prestige foi a ocasión que elexiron as nenas e nenos de 1º para aprender como podemos coidar os nosos mares e océanos.






18/11/22

OBRADOIRO DE COCIÑA

 Os pequenos da escola participan este ano no programa ALIMÉNTATE BEN, con este programa tentamos por en valor a alimentación saúdable.

A biblioteca xoga un papel importante neste programa xa que será fonte de numerosos recursos a partir dos cales procurarase que as nenas e nenas descubra o pracer da boa alimentación, practiquen na cociña e aprendan a recoñecer os alimentos e recursos que nos ofrece a nosa contorna par manter o noso corpo san.






17/11/22

MARIE CURIE

 No mes da Ciencia na biblioteca a rapazada de 2º coñeceu a Marie Curie, unha das grandes científicas da historia.

Investigar, aprender, crear na biblioteca.




14/11/22

CONSTRUÍMOS XUNTOS

 A biblioteca é un espazo que ofrece a nenas e nenos múltiples posibilidades de facer voar a súa imaximnación.

Nesta ocasión son os pequenos e pequenas de catro anos os que empregan os recursos do espazo creativo para traballar xuntos e facer unha construcción. 

Os resultados foron impresionantes e as pequenas e pequenos descubriron que xuntos é mellor.




12/11/22

MAGOSTO NA BIBLIO

 As festas e conmemoracións van a ser o eixe vertebrados das actividades durante o curso. Nesta ocasión dende a biblioteca, e coa colaboración do EDLG propuxemos unha actividade par poñer en valor a  nosa literatura popular. Cada clase debía aportar unha castaña ao noso cucurucho na que se recollese unha cantiga, refrán, adiviña... relacionada co magosto, as castañas ou o outono.

O importante da proposta era que os nenos e nenas emregasen distintas fontes de información, entre elas ás persoas da contorna pondo así en valor as aportacións das persoas maiores. Por outra banda, a biblioteca converteuse unha vez maís en fonte de información para todas e todos.

Ademais puxemos en marcha a creatividade de todo o alumnado xa que as castañas tiñan que estar decoradas empregando distintas técnicas artísticas.

O resultado do traballo expúxose na entrada do centro e, como non nas redes sociais.

 


 

 

 


RECOMENDACIÓNS LECTORAS