26/9/22

NOVO CURSO, NOVOS PROXECTOS

 Un ano máis a biblioteca pretende ser un espazo de encontro, investigación, lectura, creación... en definitva, un espazo de aprendizaxe na que todas e todos poidamos a topar o que precisemos.

Para acadar este obxectivo, nesta biblioteca atoparás todos os recursos que precisas, e se non os atopas sempre podesdes suxerir que o centro os adquira.

Estade atentas e atentos ás nosas propostas.

AGARDÁMOSVOS!!!!!!!!!!


14/2/20

Inauguración da biblioteca

Día de ilusión. Onte os nenos  e nenas visitaron por primera vez a biblioteca despois da súa remodelación. Cada clase recibiu a súa caixa e carnets para os empréstitos. Esperamos velos moito por aquí.
Agora si empeza o bo!

7/2/20

Preestreno da biblio.

Como nas grandes películas de cine... a nosa biblioteca celebrou unha preinauguración cos nosos compañeiros de ACEESCA, na que lles ensinamos os novos espazos e lles entreganos un carnet honorífico. Xa queda menos para a apertura oficial.


23/1/20

13 de febreiro gran inauguración!

Queridos membros da comunidade educativa, como ben sabedes, este curso a biblioteca do cole estivo pechada por reformas. Pois temos unha moi boa nova. O vindeiro xoves, 13 de febreiro celebraremos a inauguración da nova biblioteca, que seguirá ubicada no mesmo lugar pero moi cambiada por dentro. Haberá grandes sorpresas, novas seccións, novos recunchos e moito máis. Unha vez aberta voltarán os préstamos semanais, as mochilas viaxeiras e os recreos de lectura e xogos. Agardámosvos con moitas ganas!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS