29/11/22

APADRIÑAMENTOS DIXITAIS



 Primeiro apadriñamento dixital. Os maiores ensinan aos máis pequenos do cole a acender o ordenador e usar o rato. Primeiro paso para acceder á información.






























28/11/22

OS 5 REINOS

 Os reinos dos seres vivos foi o tema que tocou investigar nas aulas de 3º. 

Unha investigación que levou a construir e expresar oralmente o aprendido.







25/11/22

TARTARUGAS NA BIBLIOTECA

 Durante a semana da conmemoración do 25 N a biblioteca foi o eixo vertebrador de moitas das actividades propostas.

Todas as actividades xurdiron do libro ARTURO E CLEMENTINA e incluiron contacontos, programa de radio e manualidades.

Aquí deixamos unha mostra de todo o traballo.

 

 

 

 


24/11/22

25N RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Na nosa biblioteca podes atopar un feixe de libros que poñen en valor ás mulleres. Estas son algunha das nosas recomendacións.





23/11/22

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 No cole estamos a traballar a conmemoración do 25N.

Todos os niveis pensaron un slogan contra a violencia de xénero e o plasmaron nun cartel.

PALABRAS E ARTE, outro xeito de loitar contra a violencia de xénero.

Aquí deixamos os seus traballos.

 









21/11/22

A CÉLULA

 A rapazada de 5º achegouse á biblioteca para descubrir que todos os seres vivos están formados por células.

Despois de investigar xa estaban preparados para facer estas maquetas tan chulas.

Aprender facendo é mellor.




20/11/22

DEREITOS DA INFANCIA

 Os dereitos da infancia son oeixo sobre o que debe baserase a intervención educativa. Nenas. e nenos deben facerse conscientes da súa importancia e das desgualdades que se producen no mundo actual.

Coñecer os seus dereitos tamén os achega ás suas obrigas entre as que están facilitar a vida de aquelas persoas que teñen impedimentos para desenvolverse na sociedade actual.

Novamente a biblioteca aporta os recursos pero son as nenas e nenas as que, coa súa investigación, descubres esos dereitos e como actuar para poder facer que todas as nenas e nenos do mundo accedan a eles.

Así, os maiores fixeron un mural nos que se recollen todos os dereitos da infancia e os pequenos do cole, centráronse no dereito á saúde coñecendo a realidade dos nenos e nenas que sofren retinobastoma, puxéronse na súa pel e fixeron un mural reivindicando todos os seus dereitos.



 

 

 

 



RECOMENDACIÓNS LECTORAS