21/12/11

A PEGADA DO BUBISHER

BUBISHER

Dende a biblioteca do cole participamos na proposta solidaria Bubisher que consiste en envíar ao Sahara un lote de libros que pasará a formar parte da bibliotea móvil que se move por os distintos campamentos.
O noso centro envía o libro "LA PEQUEÑA ORUGA GLOTONA". Esperamos que os nenos e nenas do Sahara disfruten moito coa súa lectura.


17/12/11

BIBLIOTECARIOS E BIBLIOTECARIAS



Este ano contamos con catro grupos de bibliotecarios e bibliotecarias de 5º que veñen a axudarnos a manter a biblioteca en orde durante os recreos.
Grazas ao seu traballo atopades os libros nos andeis, as mesas e o mobiliario limpo e ordeado, os libros arranxados, etc

8/12/11

AS COPLAS DO APALPADOR

O APALPADOR

O APALPADOR

O APALPADOR

O APALPADOR


O Apalpador é un personaxe mítico galego que baixa polo Nadal a levarlles os agasallos aos nenos. Entra de noite nos seus cuartos cando están durmidos e apálpalles a barriguiña por ver se están mantidos e déixalles, ademais dos xoguetes, unha presa de castañas.

O vello Apalpador, ou Pandegueiro como se lle chama en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos aos nenos polas datas de nadal. Este xigante, de oficio carboeiro, baixaba das devesas e apalpaba as barriguiñas dos cativos. Se estaban cheas dicía: «así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.

Para tranquilizar aos rapaces, bulideiros pola inquedanza da chegada do Apalpador, os pais cantáballes:

Vaite logo, meu meniño (miña meniña)
marcha agora para a camiña
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña

Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.

Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

4/11/11

REFRÁNS DE OUTONO

video

A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA

MAGOSTO



Recibe este nome a festa que se organiza no mes de novembro, especialmente o día Todos os Santos ou de San Martín para asar e posteriormente comer as castañas.
Antigamente era frecuente acompañar os magostos con viño novo. Normalmente as mozas achegaban as castañas e os mozos o viño. Tamén se comía pan de trigo e outros alimentos da época.
Terminaba o magosto con xogos e bailes. O xogo máis común era o de tiznarse a cara uns a outros.
Os magostos están vinculados ao día de defuntos porque existía a crenza de que por cada castaña comida liberábase unha alma do purgatorio.
Os zonchos eran colares ou rosarios de castañas cocidas coa monda e atravesadas cun fío, esta é un costume que hoxe en día aínda se mantén.
Na escola imos celebrar o magosto o vindeiro venres día 11, será un día cheo de xogos e sobre todo castañas, esperamos pasalo moi ben.

2/11/11

POR FIN... XA CHEGAMOS



Cole novo, vida nova. A biblioteca arranca de novo con moitas ganas de estares en contacto con todos vos.
Agora si, estamos dispostos a ofrecer un montón de cousas a nenos e nenas, familas, profes o todo aquel que sinta curisdade polos libros, a lectura e a cultura en xeral.
Pretendemos que a posta en marcha desta nova etapa do blog nos permita coñecer as vosas opinións sobre as actividades que propoñemos, buscamos ideas e moita colaboración.
A vosa biblioteca está en marcha, disfrutádea.