23/1/20

13 de febreiro gran inauguración!

Queridos membros da comunidade educativa, como ben sabedes, este curso a biblioteca do cole estivo pechada por reformas. Pois temos unha moi boa nova. O vindeiro xoves, 13 de febreiro celebraremos a inauguración da nova biblioteca, que seguirá ubicada no mesmo lugar pero moi cambiada por dentro. Haberá grandes sorpresas, novas seccións, novos recunchos e moito máis. Unha vez aberta voltarán os préstamos semanais, as mochilas viaxeiras e os recreos de lectura e xogos. Agardámosvos con moitas ganas!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS