A biblioteca escolar non é só un espazo cheo de libros, senón é un espazo en permanente construción, un centro de recursos para a aprendizaxe, un espazo de encontro entre a comunidade educativa e a escola.
Ademais a biblioteca ofrece un espazo maker, un espazo pensado para que todos os seus usuarios constrúan a súa prendizaxe, poñan en marcha os seus coñecementos, imaxinen e constrúan favoreciendo así o desenvolvimiento da competencia STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Arte e Matemáticas).
A continuación expoñemos información que debes coñecer antes de facer uso dos múltiples servizos da biblioteca.
Poden utilizar a biblioteca todos os membros da comunidade educativa.
O documento que dá acceso a todos os materiais e servizos é o carné do lector.
Na biblioteca podemos diferenciar distintas zonas.
É conveniente fixarse nos carteis que hai situados sobre os andeis, paredes, colgados do teito, etc. para non dar voltas sen saber onde dirixirte.
Pero, se non atopas o que necesitas, pide axuda ao responsable da biblioteca ou aos ayudantes.
Zona de préstamo e xestión. Ao entrar á biblioteca atopas a zona onde se realizan os préstamos e devolucións. Tamén ahí, os responsables da biblioteca. realizan outras tarefas como a catalogación de libros, etc.
O xardín da biblioteca. No centro da biblioteca atoparás o noso xardín. Un recuncho para ler sobre a herba.
Zona de consulta e investigación. Ao fondo, á beira da zona multimedia. Temos agrupadas varias mesas para o traballo de consulta e investigación, próximo los libros de divulgación.
OUTROS ESPAZOS
ORGANIZACIÓN DOS FONDOS
Os libros da nosa biblioteca están situados en dúas zonas.
Unha primeira zona ao fondo da sala, onde podemos atopar os libros de consulta, informativos, de imaxinación… Todos están ordenados pola CDU.
Para facilitarte a búsqueda atoparás un panel informativo con todas as seccións que podes atopar nestes andeis.
Atópase ao redor do noso xardín.
Casi Leo: libros par os máis pequenos ubicados en caixas e dividios por temáticas.
Euxa Leo: libros para os que empezan a ler. Esta sección divídese en dúas: libros en letra de imprenta (con etiqueta vermella) e libros en cursiva (etiqueta vermella e gomet amarelo) e maiúsculas (etiqueta vermella e gomet amarelo).
Todo Leo: libros para os que xa len con certa soltura. Identifícanse cunha etiqueta amarela.
Súper Leo: para lectores expertos. Identificados con etiqueta verde
Euxa Leo: libros para os que empezan a ler. Esta sección divídese en dúas: libros en letra de imprenta (con etiqueta vermella) e libros en cursiva (etiqueta vermella e gomet amarelo) e maiúsculas (etiqueta vermella e gomet amarelo).
AS ETIQUETAS DOS LIBROS
Todos os libros están identificados cunha etiqueta que facilita a súa búsqueda e colocación.
Estos son os que podes atopar na nosa biblioteca.
As etiquetas teñen 4 liñas que aportan a seguinte información:
- 1ª liña: X/J indica o idioma do libro: galego (X), castelán (J)
- 2º liña: indica a sección da CDU á que pertence coas súas iniciais e o número correspondente.
- 3ª liña: aparecen as tre primeiras letras do apelido do autor ou autora.
- 4ª liña: correspóndese coas tres primeiras letra do título.
As etiquetas teñen 3 liñas que aportan a seguinte información:
- 1ª liña: X/J indica o idioma do libro: galego (X), castelán (J)
- 2ª liña: aparecen as tre primeiras letras do apelido do autor ou autora.
- 3ª liña: correspóndese coas tres primeiras letra do título.
As etiquetas nesta sección poden ser vermellas (1º e 2º), amarelas (3º e 4º) ou verdes (5º e 6º)
Casi Leo
Aquí sitúanse as obras infantís dirixidas aos máis pequenos que se atopan no estadio da prelectura ou en proceso de adquisición da mesma.
Estes libros están identificados con dous gomets, un rosa coa letra I que indica que os libros deben estar nos carros de Casi Leo e outro cunha cor e un número que se corresponden coas cores e números da CDU dos maiores.
Os carriños están identificados para facilitar o seu uso. Poesía, cómic o teatro
Os libros da sección de poesía, teatro ou cómic levan una etiqueta branca con catro liñas que indican:
- 1ª liña: X/J indica o idioma do libro: galego (X), castelán (J)
- 2º liña: indica a sección á que pertence poesía (P), TEATRO (T) e cómic (C)
- 3ª liña: aparecen as tre primeiras letras do apelido do autor ou autora.
- 4ª liña: correspóndese coas tres primeiras letra do título.
OS PRÉSTAMOS
Co teu carnet poderás levar libros para casa pero LEMBRA como utilizar o andel de préstamos:
Co teu carnet poderás levar libros para casa pero LEMBRA como utilizar o andel de préstamos:
- "LO DEVUELVO" deixar os libros no andel sen carnet.
- "ME LO LLEVO" deixar o libro que queres levar para casa con carnet.
- "LISTO PARA A ENTREGA" cando os libros estean rexistrados podedes recoletos.
Cada un de vós so pode TER UN LIBRO NA CASA.
Para coller un libro tes que ter feita a DEVOLUCIÓN.
NORMAS DE FUNCIONAMENTO
A biblioteca é de todos así que todos debemos colaborar facendo un uso adecuado dos espazos e recursos dos que dispón.
- Os libros e o material que hai na biblioteca é delicado así que é importante que o trates con coidado, que veñas coas mas limpas e que remates a merenda antes de entrar.
- Un sitio para cada cousa e cada cousa no seu sitio, este é un dos lemas da nosa biblioteca. Ao marchar debes deixar todo recollido para que os nenos e nenas que veñan despois poidan desfrutar de todos os recursos.
- Cando saques un libro do seu andel déixao no carriño de "LIBROS PARA COLOCAR" serán os axudantes e mestres os que os coloquen novamente no seu lugar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario