24/12/22
20/12/22
VISITA DO APALPADOR
Os nenas e nenas disfrutaron da visita do palapador na biblioteca, unha visita chea de contos, cantigas e moita ilusión.
18/12/22
O APALPADOR VISITA A BIBLIOTECA
Coñecer as nosas tradicións e personaxes é imprescindible para por en valor a nosa cultura. Durante esta semana os nenos e nenas de infantil e 1º coñeceron ao Apalpador. Están desexando recibir a súa visita.
13/12/22
50 ANIVERSARIO
Este curso celebramo o. 50 aniversario do noso cole e recibimos a visita do presidente da Xunta de Galicia e do Conselleiro de Educación, como non podía ser de outro xeito a biblioteca foi unha parada obligatoria na súa visita ao centro.
Alí xunto ás nenas e nenos de 1º disfrutoron dun conto contado pola nosa profe Nuria.
10/12/22
PROGRAMAS NOS QUE PARTICIPAMOS
Un ano máis a nosa biblioteca participa en distintos programas ofertados pola consellería. Esperamos aproveitar a oportunidade e os recursos que nos ofrecen para facer que a nos biblioteca esté máis viva.
9/12/22
I CERTAME DE POSTAIS DE NADAL XESTA BRAVA
Estamos de Noraboa. O noso alumnado de 1º acadou o 2º premio no I certame de postais de nadal Xesta Brava. Pero o importante, ademais do premio, foi o proceso de elaboración da postal que implicou investigación, descubrimento, moita creatividade...
Unha proposta que pon en valor o medio no que nos desenvolvemos e fai conscientes ás nenas e neenos do importante que é o seu coidado.
Parabéns
5/12/22
LAPBOOK ANIMAIS 5º
Coñecer aos animais do entorno é o primeiro paso para aprender a respectalos e coidalos. Os nenaos e nenas de 5º recolleron todo o que aprenderon en formato lapbook.
1/12/22
BELÉN CON MATERIAL DE REFUGALLO
Os recursos da nosa biblioteca aportan ideas creativas para todos. Nesta ocasión foron as rapazas e rapaces de 6º os que empregaron material de refugallo para elaborar un belén.
-
Tempo de Nadal, tempo de ler e agasallar e que mellor agasallo que un libro.
-
Este curso celebramo o. 50 aniversario do noso cole e recibimos a visita do presidente da Xunta de Galicia e do Conselleiro de Educación, c...
-
Coñecer aos animais do entorno é o primeiro paso para aprender a respectalos e coidalos. Os nenaos e nenas de 5º recolleron todo o que apre...