Primeiro apadriñamento dixital. Os maiores ensinan aos máis pequenos do cole a acender o ordenador e usar o rato. Primeiro paso para acceder á información.
29/11/22
APADRIÑAMENTOS DIXITAIS
28/11/22
OS 5 REINOS
Os reinos dos seres vivos foi o tema que tocou investigar nas aulas de 3º.
Unha investigación que levou a construir e expresar oralmente o aprendido.
25/11/22
TARTARUGAS NA BIBLIOTECA
Durante a semana da conmemoración do 25 N a biblioteca foi o eixo vertebrador de moitas das actividades propostas.
Todas as actividades xurdiron do libro ARTURO E CLEMENTINA e incluiron contacontos, programa de radio e manualidades.
Aquí deixamos unha mostra de todo o traballo.
24/11/22
25N RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Na nosa biblioteca podes atopar un feixe de libros que poñen en valor ás mulleres. Estas son algunha das nosas recomendacións.
23/11/22
DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
No cole estamos a traballar a conmemoración do 25N.
Todos os niveis pensaron un slogan contra a violencia de xénero e o plasmaron nun cartel.
PALABRAS E ARTE, outro xeito de loitar contra a violencia de xénero.
Aquí deixamos os seus traballos.
21/11/22
A CÉLULA
A rapazada de 5º achegouse á biblioteca para descubrir que todos os seres vivos están formados por células.
Despois de investigar xa estaban preparados para facer estas maquetas tan chulas.
Aprender facendo é mellor.
20/11/22
DEREITOS DA INFANCIA
Os dereitos da infancia son oeixo sobre o que debe baserase a intervención educativa. Nenas. e nenos deben facerse conscientes da súa importancia e das desgualdades que se producen no mundo actual.
Coñecer os seus dereitos tamén os achega ás suas obrigas entre as que están facilitar a vida de aquelas persoas que teñen impedimentos para desenvolverse na sociedade actual.
Novamente a biblioteca aporta os recursos pero son as nenas e nenas as que, coa súa investigación, descubres esos dereitos e como actuar para poder facer que todas as nenas e nenos do mundo accedan a eles.
Así, os maiores fixeron un mural nos que se recollen todos os dereitos da infancia e os pequenos do cole, centráronse no dereito á saúde coñecendo a realidade dos nenos e nenas que sofren retinobastoma, puxéronse na súa pel e fixeron un mural reivindicando todos os seus dereitos.
19/11/22
OUTONO CREATIVO
NUNCA MÁIS
Coñecer a contorna e as accións que a poñen en perigo é imprescindible para que as nosas alumnas e alumnos se convirtan en cicdadán responsables e activos no coidado do noso medio.
O aniversario da catástrofe do Prestige foi a ocasión que elexiron as nenas e nenos de 1º para aprender como podemos coidar os nosos mares e océanos.
-
Tempo de Nadal, tempo de ler e agasallar e que mellor agasallo que un libro.
-
Este curso celebramo o. 50 aniversario do noso cole e recibimos a visita do presidente da Xunta de Galicia e do Conselleiro de Educación, c...
-
Coñecer aos animais do entorno é o primeiro paso para aprender a respectalos e coidalos. Os nenaos e nenas de 5º recolleron todo o que apre...