Os dereitos da infancia son oeixo sobre o que debe baserase a intervención educativa. Nenas. e nenos deben facerse conscientes da súa importancia e das desgualdades que se producen no mundo actual.
Coñecer os seus dereitos tamén os achega ás suas obrigas entre as que están facilitar a vida de aquelas persoas que teñen impedimentos para desenvolverse na sociedade actual.
Novamente a biblioteca aporta os recursos pero son as nenas e nenas as que, coa súa investigación, descubres esos dereitos e como actuar para poder facer que todas as nenas e nenos do mundo accedan a eles.
Así, os maiores fixeron un mural nos que se recollen todos os dereitos da infancia e os pequenos do cole, centráronse no dereito á saúde coñecendo a realidade dos nenos e nenas que sofren retinobastoma, puxéronse na súa pel e fixeron un mural reivindicando todos os seus dereitos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario