As festas e conmemoracións van a ser o eixe vertebrados das actividades durante o curso. Nesta ocasión dende a biblioteca, e coa colaboración do EDLG propuxemos unha actividade par poñer en valor a nosa literatura popular. Cada clase debía aportar unha castaña ao noso cucurucho na que se recollese unha cantiga, refrán, adiviña... relacionada co magosto, as castañas ou o outono.
O importante da proposta era que os nenos e nenas emregasen distintas fontes de información, entre elas ás persoas da contorna pondo así en valor as aportacións das persoas maiores. Por outra banda, a biblioteca converteuse unha vez maís en fonte de información para todas e todos.
Ademais puxemos en marcha a creatividade de todo o alumnado xa que as castañas tiñan que estar decoradas empregando distintas técnicas artísticas.
O resultado do traballo expúxose na entrada do centro e, como non nas redes sociais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario