18/11/22

OBRADOIRO DE COCIÑA

 Os pequenos da escola participan este ano no programa ALIMÉNTATE BEN, con este programa tentamos por en valor a alimentación saúdable.

A biblioteca xoga un papel importante neste programa xa que será fonte de numerosos recursos a partir dos cales procurarase que as nenas e nenas descubra o pracer da boa alimentación, practiquen na cociña e aprendan a recoñecer os alimentos e recursos que nos ofrece a nosa contorna par manter o noso corpo san.






17/11/22

MARIE CURIE

 No mes da Ciencia na biblioteca a rapazada de 2º coñeceu a Marie Curie, unha das grandes científicas da historia.

Investigar, aprender, crear na biblioteca.




14/11/22

CONSTRUÍMOS XUNTOS

 A biblioteca é un espazo que ofrece a nenas e nenos múltiples posibilidades de facer voar a súa imaximnación.

Nesta ocasión son os pequenos e pequenas de catro anos os que empregan os recursos do espazo creativo para traballar xuntos e facer unha construcción. 

Os resultados foron impresionantes e as pequenas e pequenos descubriron que xuntos é mellor.




12/11/22

MAGOSTO NA BIBLIO

 As festas e conmemoracións van a ser o eixe vertebrados das actividades durante o curso. Nesta ocasión dende a biblioteca, e coa colaboración do EDLG propuxemos unha actividade par poñer en valor a  nosa literatura popular. Cada clase debía aportar unha castaña ao noso cucurucho na que se recollese unha cantiga, refrán, adiviña... relacionada co magosto, as castañas ou o outono.

O importante da proposta era que os nenos e nenas emregasen distintas fontes de información, entre elas ás persoas da contorna pondo así en valor as aportacións das persoas maiores. Por outra banda, a biblioteca converteuse unha vez maís en fonte de información para todas e todos.

Ademais puxemos en marcha a creatividade de todo o alumnado xa que as castañas tiñan que estar decoradas empregando distintas técnicas artísticas.

O resultado do traballo expúxose na entrada do centro e, como non nas redes sociais.

 


 

 

 


26/9/22

NOVO CURSO, NOVOS PROXECTOS

 Un ano máis a biblioteca pretende ser un espazo de encontro, investigación, lectura, creación... en definitva, un espazo de aprendizaxe na que todas e todos poidamos a topar o que precisemos.

Para acadar este obxectivo, nesta biblioteca atoparás todos os recursos que precisas, e se non os atopas sempre podesdes suxerir que o centro os adquira.

Estade atentas e atentos ás nosas propostas.

AGARDÁMOSVOS!!!!!!!!!!


14/2/20

Inauguración da biblioteca

Día de ilusión. Onte os nenos  e nenas visitaron por primera vez a biblioteca despois da súa remodelación. Cada clase recibiu a súa caixa e carnets para os empréstitos. Esperamos velos moito por aquí.
Agora si empeza o bo!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS